A Asociación Cultural Eliseo Alonso acaba de solicitar do Concello de Tomiño que se faga máis polivalente o auditorio de Goián incorporando un proxector e pantalla de cine.
Polo peche do Cine Avenida en A Guarda o Cine-Club Poleiro trasládase para as dúas últimas películas do ciclo a Vilanova de Cerveira. O xoves 07/04/05, proxectarase a película israelí "Camiñar sobre as augas" e o venres 06/05/05, "O señor Ibrahim e as flores do Corán".
No Cine de Vilanova de Cerveira, o xoves, 7 de abril ás 22:00 h, hora de aquí.
Eyal (Lior Ashkenazi) é un asasino profesional do Mosad, o servicio secreto israelí. Encárganlle que localice a Alfred Himmelman (Ernest Lenart), un ex oficial nazi que, ao parecer, segue vivo. Eyal espía a Pia (Caroline Pe-ters), a neta de Himmelman, que se mudou a Israel despois de romper coa súa familia en Alemaña.
Pechando o ciclo de 4 películas iniciado en outubro, proxectarase este filme, dirixido polo director portugués de 96 anos que xa prepara unha nova longametraxe.
Un Film Falado (Una película hablada), plantexa unha viaxe iniciática polo Mediterráneo protagonizada por Rosa María (Leonor Silveira), profesora de historia da Universidade de Lisboa e sua filla María Joana (Filipa de Almeida), onde deben atoparse co seu home en Bombay; dende alí teñen pensado sair de vacacións.
O guardés Luís Noya, testemuña directa dunha acción política espectacular.
A Asociación Cultural Eliseo Alonso presenta o filme SANTA LIBERDADE dirixido por Margarita Ledo Andión o próximo venres 10 de decembro ás 20:00 horas no auditorio de Goián.